Carmucha VSTi
(Actualizada a v1.1.2)
Carmucha VST é a primeira ferramenta de percusión galega libre, accesible e de balde. Ofrece dúas versións: versión VST para producións musicais en DAW e versión Standalone para escritorio.
Carmucha inclúe unha ampla serie de patróns rítmicos con velocidade variable que o usuario pode reproducir directamente dentro do plugin, axustar a velocidade e, cando atope o que máis lle gusta, arrastralos á súa pista de gravación.
O plugin divídese en dúas seccións principais:
- Sección de Foliada: simula unha foliada real, reproducindo todos os instrumentos de percusión. Aquí, o usuario pode acceder ao panel de mesturas para variar volume, paneo e canal de cada instrumento individual durante o tempo que soa a foliada.
- Sección de instrumentos individuais: permite seleccionar un a un cada instrumento (3 tipos diferentes de pandeireta, 2 tamborís, pandeiro e bombo), reproducir os seus patróns e arrastralos á súa pista de gravación.
Ademais, Carmucha inclúe:
- Panel de Axustes dinámicos: para modificar golpes, ataque e release de cada instrumento.
- Panel de FX: para engadir reverb e compresión.
- Panel EQ: para equalizar cada instrumento ao detalle.
O plugin conta cun total de 250 patróns rítmicos que inclúen muiñeiras, xotas, pasodobres e rumbas. Carmucha está dispoñible para Windows e mac en versión Standalone, VST e AU.
Características:
- Primeira ferramenta de percusión galega, libre, accesible e de balde.
- Dispoñible en VST, AU e Standalone (Windows e Mac).
- Máis de 250 patróns rítmicos: muiñeiras, xotas, pasodobres e rumbas.
- Seccións de Foliada (todos os instrumentos xuntos) e Instrumentos individuais (pandeiretas, tamborís, pandeiro e bombo).
- Paneles de mesturas, FX e EQ, con axustes de velocidade e dinámicos para un son perfecto.




ç