Carmucha VST
A primeira ferramenta virtual de Percusión Galega para PC
A primeira ferramenta virtual de Percusión Galega para PC
Poderás escoller entre a sección de Foliada, onde reproducirase toda a agrupación instrumental e a de Instrumento, na que soará cada instrumento de forma individual.
Reproduce patróns de música tradicional dentro do propio complemento.
Cando atopes o teu patrón arrastrao a túa pista de gravación de forma sinxela.
No apartado de Mestura poderás modular a ganancia, o paneo ou a canle de cada instrumento de xeito independente.
Intrumentos tradicionais galegos de balde!
Prema no enlace para accader o pdf do proceso de instalación: Instalación Carmucha
A nova versión de Carmucha VST chega con melloras importantes pensadas para facer o teu fluxo de traballo máis rápido, cómodo e profesional.
🔹 Agora en formato VST3
Maior compatibilidade e mellor rendemento nos DAWs actuais.
🔹 Reprodución mellorada de patróns
Os patróns reprodúcense automaticamente a medida que os seleccionas, permitíndoche traballar dunha forma moito máis fluída e creativa.
🔹 Novo panel de preaxustes
Garda as túas propias configuracións directamente dentro do plugin: volumes, efectos, EQ, paneos… Todo listo para reutilizar cando queiras.
🔹 Tooltips informativos
Cada botón inclúe unha pequena descrición para que saibas exactamente que fai en todo momento.
🔹 Corrección de erros
Solucionáronse fallos e problemas reportados polos usuarios da versión anterior.
Instalación e recomendacións ⚙️
Aínda que non é obrigatorio, recoméndase desinstalar a versión anterior de Carmucha antes de instalar esta nova versión para evitar posibles conflitos.
Durante a instalación do arquivo (.exe en Windows ou .pkg en macOS), é recomendable desactivar temporalmente o antivirus, Windows Defender ou o sistema de seguridade de macOS (Gatekeeper), xa que ás veces poden bloquear a instalación do plugin. Unha vez instalado, podes activalos de novo sen problema.
Se tes calquera inconveniente durante a instalación ou uso do plugin, non dubides en contactar co soporte.
Por último, agradécense moito as túas reseñas, opinións e tamén vídeos ou audios onde mostres as túas creacións con Carmucha VST 🙌
Carmucha VST é a primeira ferramenta de percusión galega libre, accesible e de balde. Ofrece dúas versións: versión VST para producións musicais en DAW e versión Standalone para escritorio.
Carmucha inclúe unha ampla serie de patróns rítmicos con velocidade variable que o usuario pode reproducir directamente dentro do plugin, axustar a velocidade e, cando atope o que máis lle gusta, arrastralos á súa pista de gravación.
O plugin divídese en dúas seccións principais:
Ademais, Carmucha inclúe:
O plugin conta cun total de 250 patróns rítmicos que inclúen muiñeiras, xotas, pasodobres e rumbas. Carmucha está dispoñible para Windows e mac en versión Standalone, VST e AU.
Características: